Medalla OTAN

Medalla OTAN Former Iugoslavia

A Medalla OTAN é unha recompensa militar internacional que se outorga a membros de diversos exércitos do mundo pola Organización do Tratado do Atlántico Norte.

Existen seis variantes, Former Iugoslavia (dende 1992), Kosovo (1998), Macedonia (2001), Article 5[1](2001), No article 5[1] (2003) e Meritorious (2003).

Represéntase sobre o uniforme cunha sección da súa cinta (pasador) na súa modalidade de diario e coa medalla completa na modalidade de gala.

En España a resolución da súa concesión publícase no Boletín Oficial do Ministerio de Defensa co texto "En cumprimento do establecido no apartado quinto da Orde ministerial 160/1995, de 11 de decembro, e ós efectos previstos no mesmo, a continuación relaciónase o persoal ó que o Secretario Xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte concedeu a Medalla OTAN".

  1. 1,0 1,1 Estas, a súa vez, teñen varias subvariantes.

Developed by StudentB